Skip to main content
Actualidade

Ribeira de Lea celebra o San Xoán

Por 18 Xuño, 2019Sin comentarios

A parroquia de Ribeira de Lea, en Castro de Rei, celebrará as súas festas patronais na honra de San Xoán a fin de semana do 23 e 23 de xuño.

Os actos festivos darán comezo o sábado ás 13.30 horas cunha procesión e sesión vermú coa orquestra Brujas, orquestra que amenizará, xunto con Emperadores, a verbena. Ao día seguinte haberá tamén misa solemne ás 13.30 horas con prcopesión e sesión vermú a cargo de novo de Emperadores.

Ademais o día 6 de xullo, haberá unha comida veciñal amenizada polo Trío Innovación.