O local social da Escola de Robra acolle unha xornada para tratar a Lei de benestar animal. A charla será o vindeiro venres 3 de novembro ás 20.00 horas.
Na exposición, que contará coa intervención do avogado Miguel Vieito, trataranse as dúbidas e as novidades da nova regulación. O BNG de Outeiro de Rei é o impulsor desta iniciativa.