Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Roi Casal actuará en outubro no auditorio de Burela

Por 6 Outubro, 2020Sin comentarios

Son galego, Son cubano acompañará ao espectáculo As músicas do camiño de Roi Casal o próximo sábado día 10 de outubro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Burela.

Este concerto está enmarcado dentro da programación de O teu xacobeo e será de entrada de balde.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que “contamos con 300 prazas. E queremos que a xente se anote antes. Poderán facelo chamando á Casa da Xuventude ao 982 58 11 41 en horario de 10 a 14 horas ata o vindeiro venres. Terán que deixar o nome completo, un teléfono de contacto e o número de persoas que van nese grupo. O que queremos é sentar á xente con seguridade e planificar ben todo. Ademais o mesmo día do concerto entre as 19 e as 20.30 horas tamén poderán anotarse na billeteira do auditorio municipal”.