Skip to main content
Axenda Caducada

Román fará as festas patronais a fin de semana do 14 e 15 de maio

Por 1 Maio, 2022Maio 15th, 2022Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Román celebrará as súas festas patronais na honra a Santa Eulalia, Pascua e San Antón a fin de semana do 14 e 15 de maio.

A programación dará comezo ás 13.30 horas coa misa maior con procesión, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra La Ola ADN, que tamén estará pola noite na verbena acompañando á París de Noia.

O domingo seguirase o mesmo programa con misa ás 13.30 horas e sesión vermú a cargo do Grupo Fénix, co que se rematará a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.