Skip to main content
Xermade

Roupar acolle a sesión informativa sobre as xestións nas administracións

Por 25 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este luns, 26 de febreiro, ás 10.30 horas terá lugar na Escola Habaneira de Roupar a charla informativa A Administración Cerca de Ti, que pretende axudar ós habitantes dos pobos para que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

Este programa piloto que beneficia a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ó recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos, foi presentado pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Tal e como afirma Rodríguez o que se busca é “facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio”.

O obxectivo do Gobierno é achegar a Administración á ciudadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, segundo a ministra “transformando o noso país e facendo unha Administración máis útil e próxima”.

A primeira fase da iniciativa, impulsada dende o Ministerio de Política Territorial conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, desenvolverase nun total de 3.200 municipios españois.

Agora é a quenda de Roupar, un día no que os cidadáns só terán que desprazarse ao centro sociocultural para contar coa súa firma dixital, coa que poderán acceder ós trámites e servizos dixitais, evitando desprazamentos innecesarios e o custe económico que iso representa.

O obxectivo é informar ós cidadáns dos trámites e prestacións, acompañalos, axudalos, orientalos para un mellor aproveitamento da Administración e combater as fendas dixitais, territoriais e de xénero.