Skip to main content
ActualidadeGuitirizSociedade

Roxín Roxal e Xermolos promoven unha visita guiada por Parga e a contorna

Por 19 Setembro, 2017Sin comentarios

A asociación de sendeirismo “Roxín Roxal” en colaboración con Xermolos organiza este domingo, día 24, unha visita guiada por Parga e a súa contorna.

O roteiro dará inicio no Campo da Feira desa localidade ás nove e media da mañá para visitar o castelo. Despois os participantes camiñarán pola beira do río e por pistas de terra até as canteiras graníticas, a lendaria pena Xiboi e o muíño da Ruxida antes da volta á Feira de Parga.

O roteiro é libre e no caso das persoas interesadas en anotarse para xantar polbo, poden contactar no teléfono 646 41 38 90.  

O patrimonio chairego
A visita servirá para coñecer os recursos desta comarca como son as augas de Valdovín e a pedra de grá sobre a que vai falar Carlos Mazorra… Da importancia de Parga dende a antigüedade intervirá Alfonso Blanco no seu núcleo da Póboa.