Skip to main content
As Pontes

Saa, nas Pontes, celebra un xantar popular

Por 10 Setembro, 2022Sin comentarios

A parroquia de Saa, nas Pontes, acolle hoxe, un xantar popular no seu campo da festa cuberto por carpa.

Previamente á comida haberá unha sesión vermú ás 13.30 horas a cargo do dúo Venus para dar paso, unha hora máis tarde ao xantar, que ten un prezo de 20 euros por adultos e é gratis para os menores de 10 anos.

Os asistentes poderán desfrutar de empanada, churrasco, criollos, postre, café e chupito.

Pola tarde continuará a celebración con xogos populares e discoteca móbil.

Á noite haberá cea con paella en autoservizo a 10 euros para rematar o día coa verbena, na que actuará de novo o dúo Venus xunto ao tamén dúo Caramelo.