O vindeiro 3 de febreiro o Concello de Samos acolle as grandes festas da súa parroquia de San Cristovo de Lóuzara na honra á Virxe das Candelas.
Así, comezan as festas neste municipio da comarca de Sarria, onde veciños e veciñas poderán desfrutar da gastronomía, a música e a troula.
Ademais, haberá unha misa ás 19.30 horas, seguida dunha pancetada para todo aquel que se achegue, rematando a tarde coa música da solista Natalia.