Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

San Xoán de Apregación está de festa a fin de semana

Por 25 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

A localidade friolense de San Xoán de Apregación celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe do Carme.

O sábado está previsto un oficio relixioso ás 12.30 horas seguido da tradicional sesión vermú que estará ao cargo de Carpe Diem. Este mesmo trío será o encargado da verbena, na que tamén actuará DJ Diego e Imanol.

O domingo, depois do oficio relixioso ás 12.30 horas, actuará Natalia González en sesión vermú, para poñer o punto e final ás festas.