Skip to main content
Lugo

Somos 113+ unha exposición que mostra a diversidade cultural de Lugo

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

O mércores o Museo de Lugo inaugurou a exposición “Somos 113 +”, resultado do proxecto artístico sobre diversidade cultural realizado pola fotógrafa e deseñadora Evelin Ruiz Crego.

O título fai alusión ás máis de 113 nacionalidades presentes no padrón de habitantes do Concello de Lugo, segundo datos de 2019, os últimos dispoñibles no momento en que, a comezos de 2020, a Rede Museística e a Asociación Rioplatenses de Lugo puxeron en marcha o proxecto, co obxectivo de visibilizar os valores da convivencia entre persoas de distintas procedencias e acervos culturais.

A través das redes sociais, abriuse unha convocatoria que permitiu poñer cara ás persoas migrantes residentes en Lugo e abrir canles de diálogo que deron como resultado a mostra exposta, con máis de setenta retratos de mulleres nacidas en Andorra, Alxeria, Arxentina, Austria, Bielorrusia, Bolivia, Brasil, Bulgaria, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Exipto, O Salvador, Eslovaquia, Estados Unidos, Galicia, Honduras, India, Irlanda, Italia, Xapón, Marrocos, México, Mongolia, Nicaragua, Nixeria, Panamá, Perú, Portugal, Porto Rico, Reino Unido,República Dominicana, Romanía, Rusia, Sahara Occidental. Suiza, África do Sur, Ucraína, Uruguai, Venezuela.

A súa orixe reflíctese nas fotografías a través de distintos recursos artísticos que remiten as, linguas, crenzas relixiosas, costumes, gastronomía ou símbolos que identifican os distintos territorios.

A exposición “Somos 113 +” permanecerá no Museo de Lugo ata finais de xaneiro.