Skip to main content
LugoOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

UNED Lugo e Concepción Arenal recollen libro para as presas de Bonxe

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

A UNED Lugp e a asociación penitenciaria Concepción Arenal súmanse á iniciativa A las olvidadas, recollendo libros dedicados ás reclusas da cárcere de Bonxe.

“Que libro lle regalarías a unha muller que está no cárcere? Así comeza esta iniciativa. Libros para evadirse, pero tamén para xerar reflexión e debate ao redor dun colectivo invisible para a sociedade e discriminado polo sistema penal porque son minoría”, explican.

A las Olvidadas é unha iniciativa feminista, cultural, solidaria, poética e transformadora, dentro e fóra das prisións que nace da man de teta & teta, unha asociación sen ánimo de lucro, pero con ánimo de reivindicar a liberdade feminina a través da creatividade e o activismo.

No mes de novembro conmemórase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A UNED de Lugo e a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal súmanse esta iniciativa participando como centros de recollida de libros que irán destinados ás reclusas do Centro Penal de Bonxe.

“Aquelas persoas que queiran participar na iniciativa o que terán que facer é elixir un libro, escribir unha dedicatoria no mesmo e traelo á UNED de Lugo (Tolda de Castela, 4B) ou á sede de Concepción Arenal (Monte Faro, 2) antes do 13 de decembro. Aquelas que traian un libro á UNED recibirán un pequeno obsequio.

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo e acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas levan”, explican os organizadores.

O sistema penal esta deseñado para os homes porque son maioría: 92.7%. das 69 prisións que hai en España, só 4 son de mulleres. Nestes módulos e por falta de espazo están todas mesturadas: mozos, adultas, preventivas, penadas, primarias, reincidentes. O 80% son nais. O 88.41% sufriron violencia machista. Existe unha relación directa entre os malos tratos, as secuelas psicolóxicas e a historia delituosa. 1 de cada 4 é estranxeira. O 84% viaxa ao noso país para soster economicamente ás súas familias.

A maioría dos seus delitos están relacionados co home: dependencia, encubrimento, violencia, engano. O 50% ten ao marido ou parella en prisión. Como di @acope_ong, as mulleres cumpren 3 condenas: xudicial (polo delito), a social (por romper o seu papel de muller) e a persoal (por abandonar á súa familia). E unha cuarta, a institucional, por ser mulleres.