Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba na Ciencia homenaxea ao profesor Andrés Otero Carballeira

Por 18 Xuño, 2019Xuño 25th, 2019Sin comentarios

A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, continuará co ciclo Vilalba coa Ciencia, co que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade. Nesta ocasión a homenaxe será para o Andrés Otero Carballeira, catedrático de Seguridade Alimentaria na Universidade de León.

A homenaxe será o 28 de xuño, a partir das 19.30 horas no Parador de Vilalba. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a reputados membros da comunidade científica naturais da localidade.

O profesor Carballeira ten máis de trinta e cinco años de experiencia docente e investigadora en diversos aspectos da Ciencia dos Alimentos, en particular da Hixiene e a Seguridade Alimentarias, así como da Microbioloxía dos Alimentos.

A súa actividade docente principal xira arredor dos estudios superiores de Veterinaria,  Biotecnoloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e Enxeñeira Agrónoma. Impartindo materias de control da calidade dos alimentos, deseño de produtos alimenticios, seguridade alimentaria, e lexislación alimentaria. Ten impartido múltiples conferencias sobre estas temáticas.

Forma parte dun equipo investigador, que conta co recoñecemento como “Grupo de Investigación de Excelencia”, e que nos últimos 20 anos desenrolaron 30 proxectos de investigación de carácter internacional.

É coautor de máis de 100 artículos científicos en revistas de elevado impacto científico.

Estes eventos teñen un formato único con dúas partes diferenciadas. A primeira parte, de acceso libre e gratuíto, comezará ás 19:30 cunha breve presentación, para acto seguido dar comezo a disertación do profesor Otero Carballeira sobre algunhas das súas liñas de investigación máis destacadas, dirixidas principalmente á investigación de novos antibióticos.

A segunda parte comezará ás 20:45, será máis lúdica, e haberá unha degustación á que poden acudir todos aqueles que o desexen previa reserva, e terá un custo de 25 euros.