Skip to main content
A Pastoriza

Visita guiada ao Castro de Saa este sábado

Por 28 Marzo, 2024Sin comentarios

O Castro de Saa, na Pastoriza, acollerá este sábado, 30 de marzo, unha visita guiada ás escavacións, nas que remataron estes días unha nova campaña de traballo.

Vanesa Trevín, directora da intervención arqueolóxica explicará o xacemento e os traballos levados a cabo nesta nova campaña de escavación e consolidación.

A visita será a partir das 12.3o horas.

A escavación xa rematou e os especialistas realizan agora labores de conservación e restauración. O lugar escavado está pechado con cinta de balizar para que non se tropece e marcar o sitio onde só deberían entrar os técnicos ata que rematen os traballos.