Skip to main content
Monforte

Voluntarios da plataforma Salvemos o Malecón libraron de lixo as beiras do río Cabe

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

Voluntarios e membros da plataforma Salvemos o Malecón adicaron a mañá do domingo para librar de lixo as beiras e o cauce do río Cabe.

Así mesmo, tamén buscan reclamar que “as administracións competentes comencen a dar pasos, aínda que sexan pequenos, en reparar agresións que sufre o río. Sabemos que 40 anos de erros non se poden reparar en 4, sen embargo consideramos que en lugar de reparar os danos feitos, séguese insistindo en repetir os mesmos erros; deseñando estructuras que non teñen nin espazo físico”.

Con esta acción, dende a asociación, pretenden tamén concienciar á cidadanía e á vila duns hábitos que respecten o medio ambiente.