Skip to main content
Lugo

Xadrez na rúa desenvólvese estes días na praza do Castiñeiro

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

A Concellería de Educación e a colaboración da Asociación Cultural Xaquedrum, Vicepresidencia Área Deportes Deputación de Lugo e Deporte Galego, levan a cabo o programa Xadrez na Rúa á praza do Castiñeiro co fin de dar alternativas de deportivas en espazos públicos

O obxectivo desta actividade é a promoción do deporte e facilitar a conciliación laboral e familiar dos e das lucenses. Iniciaron a actividade o luns e prolongarase ata o 14 de xullo e de luns a venres. Realízase entre as 18:00 horas e as 20:00 horas e en caso de choiva ou mal tempo non levará a cabo.

Instalarase un xadrez xigante e varios xadreces convencionais. Desta forma os que queiran poderán xogar ao xadrez, e os que non saiban poderán aprender a xogar ao xadrez na praza.