Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Xotramu convoca a XIV edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta

Por 10 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Volve o 5 de xuño a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, a única en Galicia adicada aos xogos tradicionais que organiza Xotramu. A sesión comezará a partir das 16.0o horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Coas medidas máis relaxadas a sesión recupra moitas actividades. Volverán os haberá xogos tradicionais e populares, que é o eixe da celebración pero o programa contará tamén con música a cargo de Sons da Aldea. Ademais, haberá cetrería e unha exhibición con aves rapaces e unha representación teatral con pezas autómatas de Trécola.

Completarase a sesión coa celebración dun aberto de billarda.

Esta celebración xa tivo lugar o ano pasado pero restrinxida polas limitacións sanitarias e este ano amplíanse de novo para ofrecer distintas opcións. Ademais, non se descartan máis sorpresas para a data.