Skip to main content
SociedadeVilalba

Xuntanza na honra á virxe de Fátima en Goiriz

Por 16 Novembro, 2017Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Goiriz celebran o sábado 18 de novembro a súa xuntanza anual que na pasada edición reunía a 183 persoas.

A xornada comezará cunha misa á unha e media do mediodía na capela da Fátima seguida dunha sesión vermú amenizada pola Sintonía de Sancovade.

O xantar servido polo Bar Rochela a base de entrantes, polbo e churrasco será na Casa Escola onde haberá animación musical de novo coa Sintonía de Sancovade. Tamén haberá xogos infantís e sorpresas.

Tamén estarán expostos traballos de fotografías anteriores á década dos 50; así coma de traballos realizados ao longo do ano no curso de manualidades.

As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos 647 40 17 75 ou 636 00 42 30 por un prezo de 20 euros ou 10 no caso dos rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos; xa que os menores de 7 anos poderán participar gratis.