Skip to main content
Actualidade

A consellería de Economía destina preto de 11 millóns de euros a mellorar a formación de desempregados da provincia

Por 3 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 11 millóns de euros ao desenvolvemento de accións de formación dirixidas prioritariamente a persoas en situación de desemprego na provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, deu a coñecer este dato na rolda de prensa na que presentou a programación de cursos AFD que financia a Xunta e promoven 41 empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro da provincia.

A Xunta sufraga os custos das actividades formativas, sendo os promotores os encargados da xestión dos cursos, tanto no que se refire á selección dos alumnos como a impartición dos contidos e á tramitación administrativa.

Balseiro adiantaba en rolda de prensa a posta en marcha dos cursos AFD.

Balseiro adiantaba en rolda de prensa a posta en marcha dos cursos AFD.

Balseiro subliñou que se destinan máis de 6 millóns de euros a esta programación, que virá a sumarse ás actividades que xa se están desenvolvendo nos tres centros propios que xestiona a consellería –en Lugo, Monforte e Viveiro- e en centros educativos de Lugo, Monforte, Mondoñedo e Ribadeo a través de convenios coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, o delegado avanzou que a finais deste mes está previsto resolver unha nova convocatoria de accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas menores de 30 anos, que prestará especial atención á formación no rural, priorizando a realización de cursos en concellos que non contan con centros homologados de formación.

O delegado xustificou o investimento global de case 11 millóns de euros en formación, “nun servizo que cremos que é fundamental para o acceso a un emprego de calidade e nas mellores condicións”.

Novos cursos

Os cursos que se porán en marcha a partir de setembro suman en total 131 e poderán participar arredor de 2.000 traballadores e traballadoras en situación de desemprego da provincia de Lugo.

Como principais novidades, a presente convocatoria de cursos AFD terá carácter plurianual (2017-2018), o que posibilitará que se imparta unha formación máis completa, dáse máis relevancia ás especialidades con maiores índices de inserción laboral, e a maior parte das accións formativas permitirán obter un certificado de profesionalidade.

Tamén, como mellora, o Goberno galego reserva unha parte da programación para a formación en competencias clave, que está a dirixida a aquelas persoas sen estudos básicos. Están previstos 21 cursos de competencias clave por importe de 185.100 euros, que facilitara a formación de 315 desempregados.

Para facilitar a asistencia dos beneficiarios aos cursos de formación, a Xunta destina 9 millóns de euros para bolsas, no conxunto de Galicia, coas que se poden financiar os gastos de transporte, manutención e conciliación.

Balseiro destacou que os cursos AFD “teñen uns contidos axustados aos requirimentos do mercado laboral, xa que o deseño da programación está en mans dos organismos promotores, entre os que se contan empresas, asociacións profesionais de distintos sectores, como a construción ou a hostalería, e concellos, que coñecen as potencialidades de emprego no ámbito local”.