Skip to main content
Vilalba

Nace o Vilalba FS feminino que competirá en Primeira Galicia Feminina na temporada 17/18

Por 7 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

Por primeira vez na historia, o Vilalba F.S. contará cun equipo feminino.

O club da capital chairega xa viña barallando en anos anteriores a posibilidade de contar cun equipo feminino; pero, a maiores, o interese das xogadoras vilalbesas Antía e Sabela que militaron estas temporadas en varios equipos de Galicia foi definitivo para crear a sección feminina do Vilalba F.S.

O equipo feminino competirá na categoría Primeira Galicia Feminina de ámbito provincial coa obxectivo de realizar unha boa temporada e ilusionar á xente ata conseguir a medio prazo converterse nun referente no fútbol sala feminino da comarca chairega.