Skip to main content
ActualidadeBrevesCultura TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

Rábade celebra en setembro o ‘Mes do Teatro’

Por 7 Setembro, 2017Sin comentarios

Rábade afronta en setembro o ‘Mes do Teatro’. O sábado 9 chega ao centro sociocultural o Centro Teatral  Faro Miño coa obra “Langreira de amor” dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo. A obra, para tódolos públicos, será representada ás seis da tarde.

O sábado seguinte, 16 de setembro, será a quenda de A Adala infantil que achegará a Rábade “A ra que se quedou sen charco” tamén a partir das seis para un público familiar.

Finalmente, pecha este ‘Mes do Teatro’ en Rábade Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde coa obra “O parto do Calandrino” á mesma hora e tamén dentro da programación de Buxiganga 2017.