Skip to main content
ActualidadeBegonteVilalba

Un begontino e un vilalbés investigados pola receptación de dúas emisoras portátiles do servizo contra incendios da Xunta

Por 15 Setembro, 2017Setembro 16th, 2017Sin comentarios
Emisora portátil.

Emisora portátil.

A Garda Civil, no marco da operación tartaraña, imputa en calidade de investigados a un veciño de Begonte de 23 anos e a un veciño de Villalba de 27 anos como supostos autores do delito de receptación de dúas emisoras portátiles pertencentes ao servizo contra incendios da Xunta de Galicia.

As persoas investigadas no momento da súa identificación levaban no interior dos seus vehículos as emisoras subtraídas, as cales supostamente estaban a utilizar para o seu uso particular.

Realízase unha investigación coa finalidade de esclarecer a orixe destas emisoras, as cales tras as pescudas oportunas constátase que foron subtraídas dunha nave utilizada por unha brigada contra incendios da Xunta de Galicia situada no termo municipal de Verea (Ourense).

Estas emisoras foron adquiridas pola investigados vía internet a unha terceira persoa veciña de Cangas do Morrazo (Pontevedra) de 37 anos de idade, o cal foi detido como suposto autor de dous delitos de receptación.

As emisoras, os seus cargadores eléctricos e unha batería de reserva son postos a disposición do servizo contra incendios da Xunta de Galicia en Lugo.

A persoa detida e os dous investigados foron postos a disposición xudicial.