Skip to main content
ActualidadeXermade

O PP de Xermade valora positivamente o convenio de Medio Rural que dotará ao Concello dun tractor para o desbroce das vías municipais

Por 27 Setembro, 2017Sin comentarios

O PP de Xermade valora positivamente o convenio de Medio Rural que dotará ao Concello dun tractor para o desbroce das vías municipais. Deste xeito, os populares poñen en valor a nova colaboración do Goberno galego, que dispón dun investimento de 90.000 euros.

“Trátase dunha importante achega que contribuirá tamén á mellora da calidade de vida no rural, ao ter en condicións óptimas a rede viaria, e a loita contra os incendios forestais”, precisa o voceiro Antonio Riveira, pois o vehículo pasará ao parque móbil municipal unha vez que se produza a sinatura.

Concretamente, a Xunta de Galicia, a través do departamento autonómico, ofreceu xa á entidade local asinar este acordo para o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal. Ademais da adquisición dun vehículo tractor, o convenio inclúe a compra de dous apeiros rozadora (unha de arrastre e outra de brazo) para realizar estes labores de limpeza.

Os populares agradecen así “a sensibilidade e a vontade colaboradora que demostra o Executivo de Feijóo”, pois a conservación das estradas e camiños de Xermade necesitan dunha importante cantidade de recursos e de grandes esforzos. E é que a conservación en bo estado e libre de maleza das cunetas e das marxes dos camiños e estradas é un elemento de vital importancia para manter o bo estado dos firmes e a seguridade na circulación sobre eles e para a prevención de incendios.

Apoios de Medio Rural
Esta importante iniciativa dá continuidade “ao máis apoios” da consellería de Medio Rural. E é que este departamento está a realizar unha importante aposta por mellorar os servizos no rural de Xermade con outras iniciativas como o Plan Marco de mellora de camiñosou o convenio de prevención de incendios, remarcan dende o grupo municipal.