Skip to main content
ActualidadeGuitirizLugoSociedade

Xermolos continúa loitando por salvar a casa de Díaz Castro no vixésimo sétimo aniversario do pasamento do poeta

Por 1 Outubro, 2017Sin comentarios
Xosé María Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro.

Xermolos convoca un recital de poesía ao pé do panteón de Xosé María Díaz Castro para este luns 2 de outubro cando se cumpren 27 anos do seu pasamento.

O acto desenvolverase a partir das catro da tarde para dar paso ás sete e media, no Forum Metropolitano da Coruña, á presentación do proxecto “Salvemos a casa de Díaz Castro” coa intervención de Alfonso Blanco -coordinador de Xermolos- e Antón de Guizán -presidente da asociación cultural Lareira de Soños- organizado pola Asociación de Veciños OZA da Gaiteira-Os Castros dentro do “Cine de barrio” co patrocinio do Concello de A Coruña.
Ao coloquio seguiralle a proxección da curta “A chave de Bascuas” de Bruno Pena e os spots que este realizador creou para a campaña da Casa de Díaz Castro.

Xa o 19 de outubro dentro deste proxecto trasladarase a exposición de pintura de Anxo Lamas dende a Biblioteca Pública Miguel González Gracés desta cidade á Asociación Alexandre Bóveda onde vai intervir o creador Anxo Lamas.

E, en Lugo, segue adiante a presentación do proxecto “Salvemos a casa de Díaz Castro” o xoves 12 de outubro na Feira Medieval grazas á colaboración da Asociación “Bolboreta Fiandeira” e, na semana seguinte, na Asociación Madia Leva.