Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta quere formar parte da área metropolitana de transporte da provincia

Por 7 Outubro, 2017Sin comentarios

Os colectivos veciñais e deportivos de Muimenta solicitan ante o Concello e a Delegación Territorial da Xunta en Lugo que se inclúe o concello na área metropolitana do transporte da provincia igual que o Concello do Cádavo.

Nese sentido, agardan que o mesmo “sexa efectivo xa no mes de xaneiro do ano 2.018, xa que ambas Administracións están a tempo ainda de incluir as partidas precisas nos orzamentos que están elaborando para o vindeiro ano”.

Os colectivos da parroquia lembran que “este domingo 8 de outubro se cumpren dous meses dende que os veciños de Muimenta, Outeiro, Bazar, Rubiños, Arneiro, Momán e Xustás non teñen un servizo de bus directo que os comunique coa capital de provincia e co Hula. As últimas noticias que teñen ao respecto, despois da reunión do pasado 21 de setembro é que a empresa Arriva ainda está “axustando os terminais” dos autobuses para a emisión dos billetes. Esperan que este “axuste” se remate pronto para o reestablecemento do bus, xa que moitos veciños e veciñas están preguntando sobre o tema”. De feito, “os señor Filiberto segue esperando na parada para poder coller o primeiro bus ata Lugo”.

Así mesmo, dende Muimenta manifestan o seu apoio aos veciños de Rábade, Begonte e Guitirz que tamén reclaman ese servizo de bus coa capital da provincia.