Skip to main content
ActualidadeBegonteRábade TERRACHÁXASociedade

Formación para mulleres rabadenses en defensa persoal en situacións de violencia de xénero

Por 18 Outubro, 2017Sin comentarios

Policías Nacionais formadores da Academia Galega de Seguridade e a Federación Galega de Loita impulsan cursos de defensa persoal e autocapacidades para mulleres no marco da prevención de situacións de violencia de xénero.

O curso será impartido, a mulleres maiores de 18 anos, no centro sociocultural o mércores 22 de novembro e o xoves 30 entre as dez da mañá e as dúas do mediodía.

As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais.