Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXASociedade

Roteiros de Pol viaxan a Aveiro e Coimbra

Por 18 Outubro, 2017Sin comentarios

Roteiros de Pol preparan a súa habitual viaxe cultural de outono. Desta volta será entre o venres 3 e o domingo 5 de novembro a Aveiro (Portugal).

A saída está prevista para as tres e media da tarde dende a praza de Galicia de Mosteiro e ás catro dende a ponte xunto á estación de tren de Lugo para chegar a Aveiro arredor das nove do serán cando se servirá a cea e se realizará a acomodación no hotel imperial Aveiro de tres estrelas.

Ría de Aveiro.

Xa o sábado 4 está prevista unha visita guiada por Aveiro, un paseo en “mulizeiro” pola ría, comida no mesmo hotel, visita a Coimbra con entrada á Universidade e á Biblioteca de Joanina de Coimbra e regreso ao hotel para a cea.

O domingo 5 de novembro as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á bodega Vilanova de Gaia en Oporto e logo nunha visita guiada á cidade onde tamén xantarán antes de saír de regreso cara a Lugo e Mosteiro.

O prezo é de 200 euros para os socios e 210 para outras persoas incluíndo autobús, aloxamento, comidas, servizo de guía e seguro internacional de viaxe. As persoas interesadas en habitacións individuais deberán abonar 38 euros máis.

As inscricións pódense formalizar ingresando a cantidade na conta da Asociación Cultural Roteiros de Pol (ES76 2080 0157 9330 4000 5484) antes do domingo 22 de outubro. As prazas son limitadas e as reservas realizaranse segundo a orde de pagamento.

Ruta do Río Pequeno
Ata Seoane do Caurel desprazaranse tamén o domingo 22 de outubro os Roteiros de Pol para realizar a ruta circular do río Pequeno de menos de 15 quilómetros de distancia e dificultade moderada cun desnivel acumulado de 963 metros.

A saída está prevista para as oito da mañá dende a parada de bus da estación do tren de Lugo ás oito da mañá e ás oito e media dende a praza de Galicia de Mosteiro e ás nove menos cuarto dende Rioxoán. O inicio da ruta realizarase arredor das dez da mañá para rematar arredor das dúas do mediodía. A partir das catro e media está prevista tamén unha visita ao Museo Etnográfico de Vilar e o regreso para as cinco e media da tarde.

As persoas interesadas deberán inscribirse achegando a cota, de 20 euros para os socios ou 25 para aqueles que non o sexan, antes do xoves 19 de outubro na conta da asociación (ES76 2080 0157 9330 4000 5484) indicando nome e apelidos.