Skip to main content
Actualidade

Alejandro Pena López-Boado, único candidato a presidir NNXX de Lugo

Por 19 Outubro, 2017Sin comentarios

Alejandro Pena é o candidato a presidir as NNXX da provincia de Lugo.

Alejandro Pena López-Boado é o único candidato a presidir NNXX de Lugo. O mozo lucense, que entregou máis do número de avais necesarios que marcan os estatutos para poder concorrer a este proceso, convertirase así o vindeiro venres, 27 de outubro, no novo líder da organización lucense. Será no marco do congreso que a agrupación xuvenil celebrará ese día, e que se enmarca dentro do obxectivo que persegue a dirección provincial de seguir renovando as distintas agrupacións locais.

O candidato ten 28 anos e é empresario no sector farmacéutico. Dende os 18 anos milita no Partido Popular; “unha vocación, engade, que aprendeu do seu avó José Serafín Pena Souto”, pois este foi membro da primeira corporación democrática de Lugo e chegou a convivir con oito alcaldes no Concello.

Neste senso, a presidenta provincial, Rosa Arza, agradece o compromiso manifestado polo aspirante, pois “grazas a compañeiros como Álex seguiremos medrando como Partido”. E é que o candidato destaca por ser “un activo moi importante en Novas Xeracións, que sente as siglas e que sempre está a disposición de traballar por elas”, subraia Arza.

Campaña electoral interna
Logo de coñecerse que só existe un único candidato, Pena López Boado rematará a súa campaña electoral interna este domingo, 22 de outubro, para converterse o venres 27 no novo presidente de NNXX de Lugo.

Deste xeito, a lucense será a terceira agrupación da provincia que renova a súa dirección. Previamente, xa se celebraron os congresos para elexir novo presidente en Sarria e en Triacastela.