Skip to main content
ActualidadeCultura TERRACHÁXAMeira

A película ‘Dhogs’ preséntase en Galicia no Festival Internacional de Cinema de Ourense

Por 20 Outubro, 2017Outubro 27th, 2017Sin comentarios

Dhogs, a opera prima do director lucense Andrés Goteira, continúa o seu periplo en festivais de cinema. Despois de gañar o premio á mellor longametraxe do Festival de Cinema de Split (Croacia) e converterse na primeira película rodada en galego en competir en
sección oficial do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Cataluña (Sitges Filme Festival), terá a súa estrea en Galicia o próximo 21 de outubro no marco do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF).

A premiere galega de Dhogs terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense ás cinco da tarde e continuará con diversos actos como un coloquio co director e os actores e produtores da película e unha gran festa ‘fin de filme’ organizada pola produtora Gaitafilmes para o seus
mecenas e patrocinadores.

Coproducida por Gaitafilmes e PixelFilms e coa colaboración de La Panificadora Estudios, foi financiada por máis de 300 pequenos mecenas a través de micromecenado e foi subvencionada por Agadic e a Deputación Provincial de Lugo. Ademais conta cos patrocinios Galipizza, Cervexa Áncora e o Concello de Meira e coa colaboración dos Concellos de Viveiro, A Coruña, Oleiros e a Deputación de Almería, entre outros.

O elenco do filme conta con destacados nomes do audiovisual galego como Antonio Durán ‘Morris’, Miguel de Lira, Carlos Branco, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas.