Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Arde por completo unha casa en Vilalvite

Por 28 Outubro, 2017Sin comentarios

Parque comarcal de Bombeiros de Vilalba.

Un incendio calcinou por completo unha vivenda, en Friol. Ningunha persoa resultou ferida. O lume declarouse nunha propiedade de Bedús, na parroquia de Vilalvite.

As lapas queimaron por completo o inmoble, unha antiga case de pedra lindeira cunha de nova construción. Segundo se lle indicou ao 112, na vivenda afectada polo lume non vivía ninguén, senón que se empregaba como almacén.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia ás dez da noite. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou aos Bombeiros de Vilalba, ao GES de Guitiriz, a Protección Civil e á Garda Civil.

A consecuencia do incendio, varias vivendas da zona quedaron sen luz. Dende o 112 Galicia contactouse coa compañía eléctrica responsable para que se proceda ao arranxo da incidencia.