Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de remodelación da avenida Terra Chá

Por 30 Outubro, 2017Novembro 5th, 2017Sin comentarios

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de remodelación da avenida Terra Chá en Vilalba.

O proxecto consiste na renovación completa de servizos nesta rúa coincidente coa estrada de saída cara a Meira -que no seu tramo urbano foi cedida ao Concello-. O rexedor local, Agustín Baamonde, destaca esta “boa nova” que “os vilalbeses e vilalbesas levabamos agardando dende fai preto de oito anos cando a crise provocou a retraso destas melloras”.

A remodelación afectará á colocación de canles pluviais dende o campo de fútbol cara abaixo para facelas chegar á depuradora de Sancovad e ao río Lila tralo seu tratamento. Tamén inclúe a modificación da rede de servizos de augas e á rede de sumidoiros; así coma ao firme da estrada e ás beirarrúas.

As obras suporán un investimento total de arredor dun millón de euros por parte da administración autonómica. Trala redacción do proxecto que se prevé para comezos do 2018, a súa execución podería desenvolverse no verán do 2018 despois da súa licitación.