Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Investigan as causas dun incendio na casa da Igrexa de Guitiriz

Por 30 Outubro, 2017Sin comentarios

As Forzas da Orde investigan as causas dun lume na casa da Igrexa de Guitiriz, situada no Campo da Feira de Guitiriz. Habitualmente, a vivenda está ocupada por relixiosas pero, afortunadamente, ningunha resultou afectada. Arderon libros, algún moble e un calefactor, resultando afectada, ademais, o resto da vivenda polo fume.

Foi unha persoa particular quen, ás once menos cuarto da noite pasada, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que vía saír fume pola fiestra da casa da Igrexa. Decontado, o CIAE alertou aos Bombeiros de Vilalba, GES de Guitiriz e á Garda Civil. Tamén os efectivos de Protección Civil da localidade se achegaron ao punto, tras ser alertados polo 112.

Pasados uns minutos das once e media da noite, os Bombeiros comunicaban ao 112 Galicia que o incendio quedaba totalmente apagado e ventilado o inmoble.