Skip to main content
Actualidade

Preto de 700 persoas degustaron en San Xiao de Mos carne da súa galiña autóctona

Por 30 Outubro, 2017Sin comentarios

VI Expodegustación e IV Concurso comarcal Galiña de Mos.

San Xiao de Mos servía preto de 700 racións de polo guisado con patacas asadas este domingo 29 de outubro na súa sexta expodegustación da raza Galiña de Mos.

A xornada contou cunha gran afluencia de público que tamén puido disfrutar de artesanía e exposición de maquinaria agrícola, xogos populares da man do Cadaval e animación a cargo do dúo La Ola.

Concurso comarcal
A VI Exposición e Concurso comarcal da Terra Chá contou coa participación de medio cento de exemplares dunha decena de criadores e criadoras dos concellos limítrofes á comarca da Terra Chá.

O veterinario oficial da Xunta, Esteban Rivas, foi o responsable de determinar os exemplares gañadores. Neste caso, a mellora galiña da exposición foi da propiedade de José Luis Freire Castedo, de Suegos (Pol); mentres que o mellor galo foi da propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea (Castro de Rei).