Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba Aberta esixe saber o custo que suporá aos veciños a reposición do busto de Fraga

Por 17 Novembro, 2017Sin comentarios

As primeiras reaccións ao anuncio do Alcalde de Vilalba, relativo á reposición do busto de Fraga non se fixeron esperar. E foi precisamente a asamblea de Vilalba Aberta, e a través dunha comunicación de urxencia, a primeira en se pronunciar.

Denuncian a opacidade coa que o Goberno Municipal está a manexar todo canto ten que ver coa restauración dun monolito que, para a formación, nunca debera correr a cargo da veciñanza, senón que debería ser íntegramente costeado pola Fundación. É por isto que veñen de rexistrar unha pregunta ao Alcalde, co fin de coñecer con exactitude o custo que a devandita reparación lle suporá á veciñanza de Vilalba. Pregunta, esta, que quixeron presentar acompañada dunha proposta ao Pleno, relativa á súa definitiva reubicación.

Na mesma liña se pronunciaba hoxe o seu voceiro, Modesto Renda, que cualificaba de indignante que de novo “os cartos da veciñanza sexan os que financien os caprichos partidistas”. A este respecto, reivindicou “altura de miras e normalidade democrática”, a fin da apertura dun debate municipal no que, anunciou, a súa formación defenderá o definitivo translado do busto ás depencias da antedita Fundación.