Skip to main content
ActualidadeRiotorto

A terceira Ruta do Tapeo reparte 500 euros en premios en Riotorto

Por 11 Decembro, 2017Decembro 13th, 2017Sin comentarios

A Casa do Concello acollía a entrega de premios da III Ruta do Tapeo de Riotorto.

Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma, Bar RDS, Café-Bar Volante e Mesón O Mazo (Ferreiravella) uníanse á terceira Ruta do Tapeo que impulsaba o Concello de Riotorto co apoio da Asociación de Empresarios (AER) entre o venres 1 e o sábado 2 de decembro cunha alta participación do público.

Luis Ramallal –Rececende- facíase cos 225 euros do primeiro premio; Miguel Amoroso –Fonmiñá- co segundo premio de 125 euros: Gas-Riotorto co terceiro de 50 euros nun vale de Queixos Don Hilario; Ramón Conde – Vilameá- co cuarto de 50 euros nun vale de Cárnicos O Mazo; e Ramiro Romero –Lourenzá- co quinto premio dotado tamén cun vale de 50 euros na Panadería Carteire.