Skip to main content
BrevesVilalba

O luns 18 abre o prazo para inscribirse como paxes da Cabalgata de Reis de Vilalba

Por 15 Decembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Vilalba está a preparar a Cabalgata de Reis para o vindeiro 5 de xaneiro. Nese sentido, convida a todos aqueles nenos e nenas que queiran participar como paxes a cubrir unha solicitude na oficina de cultura a partir do luns 18 de decembro.

Por motivos de seguridade, todos os nenos e nenas participantes -cunha idade mínima para participar de 5 anos- irán a pé, ata esgotar o número de traxes disponibles. As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada.