Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAVilalba

Lupe Prado, reelexida responsable do sector do Sindicato Labrego Galego

Por 19 Decembro, 2017Sin comentarios

A gandeira vilalbesa Lupe Prado foi reelixida responsábel do sector Lácteo do Sindicato Labrego Galego no Congreso do Leite celebrado en Ordes (A Coruña, o pasado 15 de decembro). A Dirección do Leite do SLG saínte deste congreso, cuxos membros foron elixidos en asembleas comarcais que se celebraron nas últimas semanas por toda a xeografía galega, terá entre as primeiras tarefas da súa axenda nomear catro representantes provinciais que apoiarán a Lupe Prado no día a día das súas responsabilidades sindicais.