Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol presenta un orzamento de 3 millóns de euros

Por 29 Decembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Friol votará en pleno un orzamento que ascende a 2.996.000,00 euros, no que se inclúe un capítulo de gastos de 2.984.265,20 euros, o que suporá un superávit inicial de 11.734,80 euros. Será o orzamento máis elevado da súa historia, segundo indicou o seu alcalde, José Ángel Santos, que recalcou que malia esta subida, “a presión fiscal non se incrementará coas taxas habituais nin co cobro do IBI”.

No capítulo de gastos atópanse accións como a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal cunha dotación de 88.618,09 euros, dos que a Xunta de Galicia subvenciona 49.795,62. A infraestruturas o Goberno destinará 569.377,46 euros mentres que na promoción da cultura e o deporte investirá 487.000 euros, entre a que figuran celebracións como a feira do queixo de Friol e do pan de Ousá.

Un dos capítulos máis amplos é o servizo de axuda a domicilio e a política de Servizos Sociais, que estará dotada con 389.728,18 euros, que representa máis do 13% do orzamento.

No capítulo de investimentos, o Concello destinará 548.406,35 €, unha cantidade que pretende incrementar “grazas ás xestións que temos en marcha coas diferentes administracións”, indica ao alcalde. Tamén indicou que o destino destes cartos será a fixación da poboación e o desenvolvemento do sector primario mellorando a calidade de vida dos veciños. Parte deste diñeiro irá ao obradoiro de emprego, que xa está en marcha, rehablitarase integramente o Centro Social da parroquia de Villafiz e o novo edificio que a Consellería de Educación cedeu ao Concello co fin de trasladar para estas instalacións o novo Punto de Atención á Infancia.

No capítulo de taxas, o alcalde explicou que non se incrementarán as taxas de suministro de auga, do cementerio municipal, alcantarillado, postos de feiras ou uso das piscinas municipais. Tampouco o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio e do punto de atención á infancia.

Os tipos impositivos establecidos vixentes ordenanzas municipais para o cobro do IBI de urbana, de rústica, de bens de características especiais e do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, tampouco se incrementan.

En relación co IBI de rústica, aprobaron unha modificación de dita ordenanza para bonificar co máximo que permite a lei, o 95%, a cuota íntegra do imposto, naqueles inmobles ubicados en construcción destinadas unicamente a actividades agrarias e gandeiras. Segundo José Ángel Santos, a bonificación acada a 7.689 parcelas do concello.