Skip to main content
ActualidadeVilalba

Alexis Rodríguez forma aos deportivas de loita de Vilalba

Por 2 Xaneiro, 2018Sin comentarios

Vilalba puxo punto e final ás súas Xornadas Internacionais de loitas olímpicas que cada ano organizan ao final da tempada. Nesta ocasión, contaron coa presenza do campión mundial Alexis Rodríguez que realizou catro sesións formativas na que mostrou os seus mellores trucos e solucións técnicas que o levaron a acadar o bronce nos Xogos Olímpicos de Sydeney 2000. Ademais dos deportistas vilalbeses, tamén participaron nesta formación uns poucos deportistas de 10 clubs galegos que se achegaron a traballar coa figura cubana.

Estas xornadas, que están subvencionadas pola Deputación Provincial e nelas tamén colabora o Concello de Vilalba cedendo as instalacións, buscan poñer en contacto aos loitadores galegos con algunhas das principais figuras internacionais deste deporte, e deste xeito contribuir a mellorar o nivel e expectativas dos deportistas.