Skip to main content
ActualidadeBegonte

Arrestado polo roubo nun estanco de Baamonde

Por 5 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil detivo en Cáceres a un home ao que acusa de roubar nun estanco de Baamonde. Este home está acusado dun delito de roubo con forza nas cousas e tamén dun delito de furto de placas de matrícula noutros tantos vehículos da mesma localidade. Tamén será acusado de falsedade documental ao facer uso desas placas nun vehículo implicado nun roubo.

A persoa investigada, que xa foi posta a disposición xudicial, é veciña da localidade de Burquillo (Toledo) e ten 27 anos de idade. Cumple na actualidade condea por delitos xuzgados con anterioridade no centro penitenciario de Caceres II.