Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Xa está listo o programa para a Festa do Mexillón de Rábade

Por 8 Xaneiro, 2018Sin comentarios

Os días 27 e 28 de xaneiro o concello de Rábade celebrará as súas festas patronais na honra de San Vicenzo, que coinciden coa celebración da Festa do Mexillón. Este ano repartiranse entre 1.000 e 1.500 quilogramos deste molusco entre os clientes dos establecementos hostaleiros da localidade.

O sábado actuará a orquestra Pontevedra en sesión vermú e verbena, e ás 23.30 horas, La Penúltima ofrecerá un concerto tributo a Sabina. Antes, pola tarde, terá lugar o XV Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín, que conta xa con 400 inscritos.

O domingo haberá misa e sesión vermú a cargo da orquestra Venezia.