Gran actuación das nenas do Club Atletismo de Friol no Torneo Nacional de Marcha Villa de los Molinos, disputado na localidade manchega de Campo de Criptana (Ciudad Real), e onde tomaban parte catro marchadores do club friolés, e onde se lograban un total de 2 podiums.
A gran protagonista foi Nerea Lage, que se facía coa victoria na categoría sub 16, empleando un tempo de 28.26 minutos sobre os 5 km do trazado castellano. Pola súa parte, Vanesa Blanco tamén tiña un gran debut na distancia dos 10 km marcha, xa que lograba a terceira posición na categoría sub 18 e facía un tempo de 1.02 h. Pola súa parte, Eva Freire finalizaba no séptimo posto cun tempo de 1.09 h. Por último, Marcos Burgo abandonaba por problemas físicos.