Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Xornada educativa en Friol contra os estereotipos de xénero

Por 29 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol organizou a pasada semana unha xornada no colexio da localidade para concienciar ao alumnado contra a violencia de xénero. Nesta actividade participaron o Departamento de Orientación do centro en colaboración con Beatriz Traveso Rodríguez, coordinadora do Servizo de Prevención do Concello de Friol; ademais de todo o alumnado do CPI e o profesorado, que se implicaron de forma interdisciplinar e activa.

Esta actividade tivo lugar no Centro Socio-Cultural de Friol coa apertura da exposición final dos traballos realizados poloas alumnos. Logo compartiron experiencias da súa vida profesional e persoal tres mulleres deportistas: Paula Mayobre : Atleta Internacional campioa de España en distintas disciplinas de fondo, Ruth Ballesteros : campioa do mundo de mestres de Esgrima 2017, subcampeona galega de natación de longa distancia e Maite Reimondo: alumna da escola deportiva do Club Parapente en Ferrol. Pechou a sesión o bailarín profesional Jandro Pallares, profesor da escola de baile Ritmo Lugo e competidor a nivel internacional con diferentes recoñecementos.