Skip to main content
Actualidade

O PSOE acusa ao PP de sacar a Lugo do mapa de infraestruturas

Por 2 Febreiro, 2018Sin comentarios

O voceiro Socialista de Fomento no Congreso, César Ramos Esteban, o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Presidenta da Executiva Provincial e Alcaldesa Socialista de Lugo, Lara Méndez López, e a Deputada Socialista pola provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, mantiveron este unha reunión de traballo, na que abordaron a situación das infraestruturas estatais no conxunto do territorio lugués e as previsións nas mesmas por parte do Ministerio de Fomento. Ramos Esteban demostrou que o Goberno do PP quitou á provincia de Lugo da planificación das infraestruturas viarias e de ferrocarril do século XXI e que non ten previsto facer nada.

Ramos Esteban explicou que fai pouco máis de medio ano, o Presidente do Goberno, o popular Mariano Rajoy, presentou o Plan de Estradas de 5.000 millóns de euros, deixando fóra do mesmo á provincia de Lugo, que non contará con investimento algún, cando este é, ademais, segundo dixo o propio Ministro de Fomento, o plan que impulsará as infraestruturas viarias nesta lexislatura. “Y por qué Lugo no tiene cabida?. Porque es un plan muy restrictivo, en el que se imponen una serie de condiciones, que no cumple la provincia de Lugo. La primera es que los proyectos de las autovías pendientes tienen que estar avanzados, (en algunos casos lo están), pero la segunda, la condicionante, es que tienen que forman parte de la Red Transeuropea de Transporte. Por este motivo, el PP deja Lugo fuera”.

O Voceiro Socialista de Fomento destacou que o PSOE defende o desenvolvemento das infraestruturas na provincia de Lugo, apuntando que “nosotros creemos que las infraestructuras que están dentro de ese plan no son las únicas que se tienen que ejecutar. Es una fórmula de financiación que ha buscado el Gobierno a través de colaboración público-privada y también del Plan Juncker. Pero hay más actuaciones, que forman parte del compromiso del Gobierno del Partido Popular para el período 2012-2024, que son las del Plan de Infraestructuras de Transporte y Vivienda del Gobierno Central, aprobado en 2012. Dentro de este plan están la A-54, A-82, A-56 y la A-76, cuatro infraestructuras vitales para la provincia de Lugo, a las que el Gobierno del PP ha decidido renunciar a su ejecución. Nosotros exigimos al Ministerio de Fomento que se de financiación a esas infraestructuras, porque tiene fondos, que se ponga una planificación que asegure que se van a hacer y que los ciudadanos puedan saber cuándo se van a estar ejecutadas”.

Ao respecto dos fondos dos que dispón o Goberno Central e, concretamente o Ministerio de Fomento, Ramos Esteban apuntou que “el PP repite, cansinamente, un discurso falso para intentar engañar a los ciudadanos y a la oposición. No es cierto que si no hay presupuesto no se puedan ejecutar las partidas previstas. Por una sencilla razón: porque los presupuestos cuando se presentan y se aprueban, como los de 2017, tienen partidas plurianuales de carreteras, ferrocarril… esas inversiones se pueden ir ejecutando. Las inversiones aparecen desde el principio del proyecto y hasta la finalización. En los presupuestos aprobados el año pasado, aparecen partidas para estas actuaciones hasta el 2020. No hace falta que haya presupuesto en 2018 para que estas partidas se puedan ejecutar. Lo que ocurre es que el Gobierno está utilizando esta justificación para no gastar dinero y no invertir en lo que se había comprometido. Intenta echar balones fuera para que esto no se produzca”.

“La planificación ferroviaria en Lugo es mucho más vergonzosa y sangrante”

Ramos Esteban engadiu que “si nos fijamos en el mapa de carreteras y vemos que Lugo se queda fuera de las actuaciones previstas para los próximos anos, la planificación ferroviaria para la provincia lucense en mucho más vergonzosa y sangrante. Cuando todas las capitales de provincia tienen actuaciones prevista para un tren del siglo XXI, el Gobierno del PP no tiene nada previsto en la provincia de Lugo y en la ciudad de Lugo. Han renunciado a que se mejore el ferrocarril y a que Lugo pueda tener un ferrocarril como el que puedan tener otras localidades de España. Nosotros, como partido socialista, como defensores de la igualdad de oportunidades, de la cohesión territorial, vamos a exigir al Gobierno que tengan un plan ferroviario para Lugo, que lo diga y que lo anuncie. Y que deje de mentir a los ciudadanos con el tiempo en que se va a tardar desde Lugo a Madrid cuando llegue el AVE a Galicia, que primero iba a ser un compromiso de 2018, que no se va a cumplir, después era el 2019, que tenemos nuestras dudas que se vaya cumplir porque hay dos tramos de Ourense que no están ni licitados, que tienen una serie de problema y que el gobierno tendrá que decir como los soluciona. E, incluso, aunque estuvieran esos dos tramos, el tiempo de viaje entre Madrid y Lugo nunca bajaría de las 4 horas. Pedimos que dejen de engañar a los ciudadanos”.

Déficit no mantemento de estradas

“Hay un déficit de manteniendo de la red de infraestructuras españolas de más de 7.000 millones de euros. El Gobierno tendría que invertir en un año 7.000 millones d euros para tener carreteras óptimas, en una situación razonable. Por eso han subido la cifra de accidentes y tráfico. Exigimos, y volvemos a exigir, que haga un Plan Renove de Carreteras, que invierta el dinero pendiente del mantenimiento de carreteras”.

Sen plans para Lugo, o PSOE non asinará ningún pacto sobre infraestruturas

“El ministro dice que está dispuesto a firmar un pacto de Estado en materia de infraestructuras con la oposición. Desde el Partido Socialista ponemos varias condiciones: nunca firmaremos un pacto si no hay un Plan Renove de carreteras que garantice que la red viaria esté en óptimas condiciones y, segundo, nunca firmaremos un pacto de infraestructuras con el Gobierno si no se garantiza que todos los ciudadanos españoles, independientes de donde residan, tengas las mismas oportunidades. Esto quiere decir que si no hay un Plan para Lugo de carreteas y de ferrocarril, el PSOE no va a firmar ningún pacto con el Gobierno. El ministro lo tiene claro, si quiere un pacto con el PSOE tiene que haber un plan para Lugo en materia de carreteras y de ferrocarril. El PP tiene que hacer las inversiones de carreteras que no va a incluye en el plan de carreteras de 5.000 millones”.

Radiografía das infraestruturas estatais na provincia de Lugo

O PSOE da Provincia de Lugo elaborou unha radiografía das infraestruturas estatais na provincia de Lugo, abordado hoxe co voceiro Socialista de Fomento, no que se recolle a situación na que o PP mantén os servizos viarios e ferroviarios no conxunto do territorio lugués, así como as demandas dos socialistas en defensa dos vecinos e do desenvolvemento económico e social da provincia lucenses coa mellora e impulso destas prestacións. O Secretario Xeral deu conta desta radiografía, así como das demandas do PSOE:

N-634, o PSOE reclama o seu arranxo integral, dende Ribadeo a Begonte. O Secretario Xeral explicou que “trátase da vía primitiva de entrada de Francia e da zona Cantrábrica a Galicia e Portugal. A súa saturación de tráfico motivou a construción da A-8. O PP mantén abandonado o trazado da N-634, cando serve de vía de comunicación interlocal entre Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín (na Mariña), Vilalba e Begonte (na Terra Chá); ademais de ser a vía alternativa cando a A-8 se pecha no Fiouco.

– A-8, o PSOE demanda unha solución aos problemas de visibilidades. “Hai que ter en conta que se pecha unha media de 35 días ao ano, con corte que se prolongan ata 5 días consecutivos en moitas ocasións debido ao banco de nubes nun treito de 22 quilómetros”.

– N-642, o PSOE demanda o arranxo integral e a mellora da seguridade. “Esta vía vertebra boa parte da Mariña, dende Ribadeo a San Cibrao, Cervo (remata en Alcoa). Ten unha lonxitude dun 50 quilómetros. Circulan a diario milleiros de vehículos. Sufre un importante deterioro. Os 8 primeiros quilómetros da N-642 (en Ribadeo) están considerados como o quinto treito máis perigo de España segundo o estudo da RACE 2017 (Real Automóbil Club de España)”.

– A-74 ou Autovía da Mariña. O PSOE demanda o seu desenvolvemento. “Nada se sabe desta autovía, que vai dende Barreiros a San Cibrao (Cervo), dende xullo de 2015, cando Fomento anunciou o inicio da redación do proxecto do treito de 10,5 quilómetros dende Barreiros a Foz. Sobre os treitos Foz-Burela e Burela-San Cibrao aseguran ter os DIA, estando pendente a licitación da redación dos proxectos. A A-74 sería a alternativa á N-642, cuxo firme está moi deteriorado”.

– FEVE, o PSOE demanda melloras de trens e estacións, máis persoas e horarios. “Trátase do tren entre Ferrol e Ribadeo, que os 200.000 veciños que viven entre ditas localidades, ven desaparecer. O tren de vía estreita, de 1 metros de ancho fronte ao 1,6 metros do tren convencional, que segue no camiño da decadencia. Viaxes que se cancelan, constantes avarias, foron 900 no 2017, con días nos que só circula 1 tren dos 9 destinados cara a Ferrol; sen persoal porque non se substitúen cando os maquinistas superan as horas de traballo….Ano tras ano, empeora a situación”.

– Máis servizos ferroviarios en Guitiriz. “Fóronse suprimindo os servizos ferroviarios que conectan con Lugo, Madrid ou Barcelona, con trens que pasan por Guitiriz e non paran. Os máis de 400 veciños de Parga, o segundo núcleo poboacional tras Guitiriz, non teñen hoxe transporte público, nin tren nin autobús”.

– A-6, o PSOE demanda a mellora do firme.  

– N-VI, o PSOE demanda a mellora do firme por sovacóns en Guitiriz e Begonte, así como dende Baralla a Pedrafita, ademais da humanización en Outeiro de Rei e O Corgo.

O demanda PSOE a supresión de 32 pasos a nivel na línea Ourense-Monforte-Lugo

– N-540, o PSOE demanda a rexeneración inmediata da estrada que une Lugo e Ourense.

– A-56, o PSOE demanda o impulso das obras da Autovía Lugo-Ourense. A iniciativa dos socialistas, na Deputación de Lugo aprobouse unha moción para axilizar os trámites, coa publicación dun calendario de execución dos proxectos e reunións periódicas para o seguimentos das mesmas. O PP di que se está traballando para rematar no treito da Barrela, que é o único punto do trazado onde se poden adquirir visos de realidade, pois non hai ningún outro en obras”.

– A-54, o PSOE demanda o inicio das obras nos treitos pendentes. “En decembro de 2015, días antes das eleccións xerais, Fomento anunciou a licitación dos treitos Palas de Rei-Melide (11,7 quilómetros) e Melide-Arzúa (16,4 quilómetros). O PP asegurou, en xullo de 2017, nunha visita do Ministro a Melide, que todas as obras estarían en execución no 2017. Mentiu. En agosto de 2017, é dicir, case dous anos despois de licitarse as obras, iniciouse a execución das obras, que van a un ritmo moi lento, no treito de Palas de Rei-Melide. Non se iniciaron as obras no treito de Melide-Arzúa. O prazo de execución destas, segundo o contrato, é de 60 meses, 5 anos. Polo tanto, de iniciárense este ano, a autovía de Lugo-Santiago parecer que non estará lista ata o 2022”.

– N-547, o PSOE demanda a mellora do firme en Palas de Rei. Trátase da estrada que une a N-540 á altura de Guntín coa A-54 e a N-634.

– N-640, o PSOE demanda a mellora do firme, sinalización e seguridade. En Monterroso o treito está moi deteriorado, discorrendo polo casco urbano e sen pasos de peóns. En Antas de Ulla o treito tamén está moi deteriorado no casco urbano e sen sinalización.

– N-120, o PSOE demanda a mellora do firme e da seguridade. O treito máis perigo de España, segundo a RACE, é o comprendido entre os puntos quilométricos 535,2 e 549,5 da N-120 (son máis de 14 quilómetros).

– En Monforte, o PSOE demanda a variante ferrocarril para reducir o tempo da viaxe de Lugo a Ourense; a supresión dos pasos a niveis no casco urbano; e a mellora da liña de ferrocarril Monforte-Ponferrada-León-Palencia por ser a vía de entrada e saída das mercadorías en Galicia.

– O PSOE demanda a posta en marcha da Variante da Pobra de San Xillao. Fomento non confirmou a súa finalización e segue sen abrir. “Son 7 quilómetros no medio dun trazado do século XIX”, apunto Santos.

– En Láncara, o PSOE demanda a supresión dos pasos a niveis.

– En Sarria, o PSOE demanda a urbanización do Polígono Industrial de Morelle, que solicitou a Alcaldesa e coa que se comprometeu Fomento, así como a dotación dunha pasarela peonil para comunicar as marxes da estación.

– En Lugo, o PSOE demanda a Intermodal e o AVE, a Rolda Norte, a Rotonda N-VI-con Alfonso X e a Pasarela das Gándaras.