Skip to main content
ActualidadeVilalba

O alcalde de Vilalba reponsabiliza á Deputación de paralizar a obra de abastecemento á Fontevilar

Por 8 Febreiro, 2018Febreiro 13th, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba está a piques de rematar tres obras que se iniciaron a principios de ano con cargo aos orzamentos municipais. Unha das importantes é o abastecemento ao grupo As Fontiñas, na que xa están colocadas as tuberías e todo o sistema e que só quedaría a aglomerado, unha acción que está a retrasarse esperando que mellore o tempo para que non se estropee o firme.

Tamén están rematando os traballos de mellora do vial de acceso ao polígono, dende o cemiterio ao centro ocupacional. Trátase dun vial moi antiguo que se está a ensanchar e reasfaltar cun orzamento de 60.000 euros.

Mentres estas obras seguen en marca a Deputación ten paralizada a obra de abastecemento de auga a Fontevilar, en Mourence, unha obra que afecta a 24 veciños do barrio que o ano pasado, durante a seca, tiveron bastantes problemas de suministro ao secárselles os pozos.

Segundo indicou o alcalde, Agustín Baamonde, a Deputación paralizou esta obra por un tema administrativo. Se o concello conta con todos os permisos de Estradas, Gas Natural e Patrimonio, non é así coa Deputación, que solicita unha fianza de 24.00 euros e o pago de taxas por valor de 3.000 e de 7.000 euros.

“Se a fianza resulta comprensible que a pidan, para que logo non quedan as cousas paradas, non pensamos o mesmo sobre as taxas. Consideramos lóxico que demanden taxas ás empresas porque sacan beneficio directo, pero a unha administración pública e tratándose dunha obra tan necesaria é unha falta de delicadeza”, explica o alcalde.

O alcalde recalcou que “sería convinte que o organismo provincial fose un apoio e que non puxese paus nas rodas para poder leva adiante estas obras”, indicou.

BNG

Por outra parte, o Concello manifestou o seu apoio á moción do BNG na que se pedía o arranxo do vial de Vilalba a Balsa. De feito, Baamonde dixo que “xa está incluído no Plan de Autoestradas, pero temos moitas estradas coas mesmas necesidades e temos que repartir entre todas”.

De feito, Baamonde indicou que para a vía que une Racamonde co enlace coa autovía quedan 10 quilómetros de obras que terá que facer a Deputación, o mesmo que os 3,5 quilómetros de Ínsua a Labra ou os 5 entre Vilate e Ramil.