Skip to main content
ActualidadeMeiraRiotorto

Novos desfibriladores para concellos de Lugo

Por 15 Febreiro, 2018Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo entrega de senllos desfibriladores aos concellos de Meira e Ribas do Sil asegurando que a dotación de desfibriladores aos servizos locais de emerxencia procurará unha resposta máis efectivas ante situacións de risco. “O Goberno galego -afirmou- entende que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o GES deben dispoñer desta valiosa ferramenta pola súa capacidade de resposta ante as emerxencias que se rexistran no seu entorno”.

Balseiro lembrou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, xunto coa Consellería de Sanidade, entregaron 47 desfibriladores a 40 concellos e aos seis parques de bombeiros lucenses. No caso dos concellos, foron seleccionados os que dispoñen de Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) ou de agrupación de Protección Civil.

En concreto, os concellos beneficiarios foron os de Baleira, Barreiros, Becerreá, Burela, Carballedo, Cervantes, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, A Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

Cada municipio recibiu un desfibrilador excepto Vilalba, ao que se lle entregou un para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e outro para o servizo municipal de Protección Civil.

Balseiro destacou que a Xunta está desenvolvendo “unha estratexia de cardioprotección que inclúe o uso de desfibriladores fóra do ámbito sanitario, formando a diversos colectivos no seu manexo para dar unha resposta áxil e achegar á poboación o antes posible os recursos máis efectivos”.