Skip to main content
ActualidadeCospeito

O BNG de Cospeito prepara a súa intervención no Pleno

Por 19 Febreiro, 2018Sin comentarios

Os nacionalistas do Concello de Cospeito presentarán no Pleno do luns unha serie de preguntas dirixidas ao equipo de Goberno.

A primeira delas refírese a inundación reiterada dun baixo particular nos días de chuvia que nun principio considerábase responsabilidade do propietario pero que agora afírmase que o Concello ten que facerse cargo das reparacións. O BNG require unha constestación sobre o estado dos traballos.

Asimesmo solicitará unha revisión das regularizacións catastrais para que sexan incluídas no apartado de rústicas indispensables e non se produzan erros nas cuantías. Os nacionalistas preguntarán sobre se o Concello estaba ao tanto destas medidas.

Por último, formulará outra pregunta na mesma liña para informarse sobre a realización dun estudo por parte do goberno local para as deducións e exencións de explotacións agrarias no pagamento do IBI.