Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza a terceira edición do taller de cantería

Por 27 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Comunidade de Montes de Parga e a Asociación Cultural Medioambiental de Pardiñas, celebrará este ano unha terceira edición do seu taller de cantería, que terá lugar todos os sábados desde o mes de marzo ata xuño na Casa da Escola de Pardiñas en horario de 11:00 a 13:00 horas.

A inscrición está aberta ata o 8 de marzo e o comezo das clases será o 10 do mesmo mes. A inscrición pode realizarse no Concello ou chamando aos teléfono 982 370 109 ou 689 866 189. Tamén poden facelo a traves do enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com.

Este curso está dirixido a rapaces e rapazas maiores de 12 anos e adultos. A matrícula ten un custe de 15 euros.