Skip to main content
A PastorizaActualidadeVilalba

O Vilalba e o Pastoricense de fútbol sala feminino xogaranse o ascenso este sábado

Por 1 Marzo, 2018Sin comentarios

O Valdesususo Peugeot Vilalba FS feminino e a UD Pastoricense xogaranse este sábado, 3 de marzo, o título de Liga da Primeira Galicia Feminina nun enfrontamento directo, o último da competición.

O partido terá lugar ças 16.30 horas no pavillón Municipal de Vilalba e porá fronte a fronte aos dous primeiros clasificados, separados unicamente por un punto. O premio será o título de campión e o ascenso á categoría Autonómica.

Á UD Pastoricense válelle cun empate, pero as rapazas de Vilalba necesitan a vitoria para facerse co liderado, tras unha intensa e excepcional tempada no primeiro ano da competición. As previsións e os desexos de ambos os dous clubs é que os pavillón se encha para vitorear aos dous equipos.