Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Cría e zootecnia de porcos

Por 16 Marzo, 2018Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por  Breixo González

Achégase a fin do inverno e é momento de falar dun problema que podemos ter cos nosos cans no campo, a procesionaria do piñeiro.

A fin do inverno e a chegada da primavera e verán comeza a verse polos nosos montes a eiruga da procesionaria, chamada así xa que cando as eirugas baixan dos piñeiros forman ringleiras como se fosen de “procesión”, nas árbores podémolas ver como unhas “nubes de algodón” nos piñeiros e coníferas en xeral.Estas eirugas aliméntanse dos arumes dos piñeiros, e da súa resina.

A súa expansión débese en parte pola proliferación de monocultivos de piñeiro e  estará tendencia a ter invernos suaves así como a perda das aves insectívoras que actuaban como control das mesmas.

As eirugas son tremendamente chamativas , non só polo seu comportamento, senón  pola súa coloración (son amarelas e negras ) e pode chamar a atención das nosas mascotas.

Esa curiosidade pode levarnos a un gran desgusto, xa que as eirugas esta cubertas por uns pelos urticantes que se desprenden , estes pelos conteñen unha  substancia chamada thaumatopina. Cando entran en contacto coa pel, poden provocar reaccións alérxicas e irritacións nas mucosas que, chegan a producir problemas respiratorios,  chegando en casos moi graves, e en persoas susceptibles a padecer reaccións anafilácticas.

No caso dos cans:

A sintomatoloxía clásica é a do contacto oral: o animal demostra nerviosismo, , tócase a boca coas patas, hipersalivación ; en poucos minutos desenvolve inflamación da lingua ata a incapacidade de pechar a boca, o anxioedema que pode desenrolar como o dunha  anafilaxe, se a eiruga foi inxerida o animal terá vómitos. Ao cabo dunha hora empezaranse empezara a ter problemas no retorno venoso con cianoses sobre todo da lingua, Se se deixa progresar a sintomatoloxía pódense chegar a ter signos xerais como problemas respiratorios ,edema da gorxa, febre, convulsións, inflamación xeralizada e ata a xeración de trombos. Se só afecta as mucosas orais  tende a evolucionar cara á necroses, con posibilidade de perda de tecido. Sendo moi común a perda de partes da boca como os beizos ou a lingua.

Por iso cando detectemos a presenza de estes síntomas , é   moi importante acudir o veterinario para tratar o animal e reducir os danos o máximo posible.