Skip to main content
ActualidadeVilalba

Xornada de convivencia no centro ocupacional de Vilalba

Por 21 Marzo, 2018Sin comentarios

O Centro Ocupacional Terra Chá de Vilalba acolleu unha xornada de convivencia entre os seus usuarios e o alumnado do Ciclo Medio de Atención a persoas en Situación de Dependencia, que se imparte no IES Lois Peña Novo de Vilalba.

15 alumnas do ciclo, acompañadas dos seu profesor Pedro Luis Rial del Río, visitaron as instalacións do C.O para coñecer de primeira man o traballo que alí se realiza.

Esta actividade enmárcase nun proxecto de colaboración máis amplo, en virtude do cal, tamén os usarios do C.O tiveron ocasión de ir ao IES Lois Peña Novo, a dar unha charla sobre as súas experiencias no Centro Ocupacional.